Política de privacidade
Responsable: Asociación Musical e Cultural Crecente, Santiago de Compostela. Contacto: corocrecente@gmail.com.
Formulario «Canta connosco». Os datos que nos envías (nome, correo, teléfono e o que nos contes) úsanse só para contactar contigo sobre a túa posible incorporación ao coro. A base legal é o teu consentimento. Consérvanse mentres dure ese proceso e, como máximo, un ano; se te incorporas, pasan a formar parte da ficha de coralista.
Área de coralistas. Das persoas que forman parte do coro gardamos nome, correo, teléfono, corda e as respostas e asistencia aos ensaios e actuacións, para organizar a actividade da asociación. Só as ven a xunta directiva e, no caso das confirmacións de asistencia, os demais coralistas.
Non cedemos datos a terceiros nin os usamos con fins comerciais. O servidor está na Unión Europea.
Os teus dereitos: podes pedir en calquera momento acceder, rectificar ou borrar os teus datos, ou opoñerte ao seu uso, escribindo a corocrecente@gmail.com. Tamén podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).
Cookies: esta web só usa a cookie técnica de sesión para que os coralistas poidan entrar na súa área. Non hai cookies de publicidade nin de análise, polo que non precisa aviso de cookies.
Imaxes: as fotografías publicadas corresponden a actuacións públicas do coro. Se apareces nalgunha e prefires que a retiremos, escríbenos.