Coro Crecentede voces graves

Quen somos

O coro

Un coro de voces graves nacido no barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.

Unha historia que comezou cantando A Traviata


O Coro Crecente de voces graves comezou a súa andaina no barrio de Conxo en abril de 2019, por iniciativa de varios coristas que participaran na montaxe da ópera A Traviata que se representou naquela altura en Santiago e noutras cidades de Galicia.

Hoxe está formado por vinte e seis voces masculinas, agrupadas en catro cordas —tenores primeiros e segundos, barítonos e baixos—, todos afeccionados á música. Dende o seu nacemento, Crecente interveu en certames, concertos e actos litúrxicos, e segue a traballar para novas actuacións.

Os coralistas, de camisa branca, cantando de costas nunha escaleira monumental chea de público

O que buscamos

Os matices das voces graves


A formación técnica dos coristas e a posta en valor do repertorio musical galego —especialmente o feito por músicos vinculados á cidade de Compostela— son os nosos obxectivos.

A exploración dos matices sonoros dunha agrupación formada por voces graves é a nosa principal procura desde o punto de vista estético. No noso repertorio conviven a música popular galega, as habaneras, a música clásica e a sacra, e obras de mestres compostelás como D. Nemesio García Carril, derradeiro mestre de capela da Catedral de Santiago.

O director diante dos coralistas nun concerto ante un retablo dourado

Dirección

Francisco Xavier Freire Chico


Compostelán e músico afeccionado, é o director do coro. Formouse co mestre D. Nemesio García Carril, o seu primeiro mestre, e é o secretario do xurado do Premio Compostela de Composición Coral.

A asociación

Asociación Musical e Cultural Crecente

O coro é a alma da Asociación Musical e Cultural Crecente, que organiza cada ano o Certame Memorial e convoca o Premio Compostela de Composición Coral.