Eu sen ti
«O mal da ausencia é un dos grandes desencadeantes da necesidade creativa». O xurado destacou a orixinalidade e solidez da escritura coral, a inventiva melódica, a riqueza contrapuntística e unha narrativa formal convincente.
Creación coral en galego
Para renovar e ampliar o repertorio coral galego, impulsando a creación de compositoras e compositores do noso tempo.
O Códice Calixtino, no século XII, garda o primeiro repertorio polifónico coñecido en Occidente. Compostela foi xa entón un centro de innovación musical.
O premio nace coa vocación de recoñecer e fomentar a creatividade na música coral de Galicia, vinculándoa á riqueza histórica e cultural da cidade: un espazo de diálogo entre tradición e innovación.
Está dirixido a compositoras e compositores galegos ou vinculados con esta terra e coa súa lingua, e conta co apoio do Concello de Santiago e da Federación Coral Galega (FECOGA).

Próxima convocatoria
As bases publicaranse nesta páxina. Se queres que te avisemos cando se abra a convocatoria, escríbenos a corocrecente@gmail.com.
I edición · 2025
O xurado, presidido polo compositor compostelán Fernando Buide del Real, valorou moi positivamente as doce obras presentadas por once participantes: a súa orixinalidade, o seu coñecemento da escritura coral e a súa visión contemporánea, tanto sobre textos de clásicos da literatura galega como doutros máis recentes.
«O mal da ausencia é un dos grandes desencadeantes da necesidade creativa». O xurado destacou a orixinalidade e solidez da escritura coral, a inventiva melódica, a riqueza contrapuntística e unha narrativa formal convincente.
«Unha mestura de canto polifónico e paralelo, de cultura popular e académica, de metáfora e retranca». O xurado salientou o equilibrio entre a aparente sinxeleza e a efectividade da escritura vocal.
As obras premiadas estreáronse o 22 de novembro de 2025 no II Certame Memorial, no Auditorio Afundación Abanca, onde se entregaron os premios: unha cuncha de Compostela en bronce e 2.000 € e 1.000 € respectivamente.
Libro de partituras
Todas as obras presentadas foron editadas nun libro de partituras para que os coros de Galicia poidan renovar o seu repertorio.
Xurado da I edición
Fernando Buide del Real, presidente · José Luis Vázquez López · Santiago López Blanco · Pablo Rico Echegaray · Francisco Xavier Freire Chico, secretario.
As obras gañadoras están dispoñibles como repertorio libre para calquera agrupación coral. Cando se interpreten ou editen, debe figurar no programa, despois do título: Obra gañadora do «Premio Compostela de Composición Coral».