Coro Crecentede voces graves

Cada novembro en Compostela

Certame Memorial

Na lembranza de José Luis Segade Ferreiro, «Pillo», e Juan García Puente.

O certame naceu en 2024 para lembrar a dous compañeiros que, coa súa vida e o seu traballo, coa súa vontade incansable de sumar voces, son o exemplo do coralista das nosas cidades e vilas: xente feliz cantando.

Cada edición quere amosar a viveza, a creatividade e a diversidade do canto coral galego, e o papel que as agrupacións corais teñen como lugar de encontro e como motor da vida cultural dos barrios e das parroquias de Compostela.

II edición · 22 de novembro de 2025

Auditorio Afundación Abanca


O día de Santa Icía, patroa da música, a segunda edición xuntou o Coro de Habaneras Rocha Forte, dirixido por Sebastián Fernández Tapia, e o Coro de Santa Joana de Aveiro (Portugal), dirixido pola maestrina Maria Bandeiras.

No centro do programa, a entrega do I Premio Compostela de Composición Coral e a estrea das dúas obras gañadoras, Eu sen ti de José Antonio Jara e Segredo de Anne Tooming, a cargo dun coro creado para a ocasión con voces de varias corais de Compostela e dirixido polo mestre José Luis Vázquez López.

Pechou a noite o Coro Crecente coas dúas obras compostas polo noso tenor Juan Carlos Cobas Prieto en memoria de Pillo e Juan: Cantos de amor e fe e Amigo adeus.

Cartel do II Certame Memorial e Premio Compostela de Composición Coral
Programa de man do I Certame Memorial
Programa de man da primeira edición

I edición · 30 de novembro de 2024

Igrexa da Mercé de Conxo


Organizado xunto co Coro de Habaneras Rocha Forte, o primeiro memorial reuniu o Orfeón Ría de Muros, a Coral da A. C. e Musical Solfa, a Coral Polifónica Trasdeza de Silleda, o Coro de Habaneras Rocha Forte e o Coro Crecente.

Foi tamén unha homenaxe á tradición coral compostelá, personificada en Santiago López Blanco, José Luis Vázquez López e Xosé Luís Rivas, «Mini». Todas as corais cantaron xuntas o Romance de Don Gaiferos na harmonización de D. Nemesio García Carril.

Na parte final estreáronse Cantos de amor e fe, adicada a Juan García Puente, e Amigo adeus, adicada a José Segade Ferreiro, obras de Juan Carlos Cobas Prieto, esta última con arranxo de Anne Tooming.

· · ·

Agora que non nos saen as palabras, agora que non hai refuxio para a vosa ausencia… Estades e estaredes en cada nota, marcándonos o compás, sempre.Programa do I Certame Memorial

Na nosa memoria