
José Luis Segade Ferreiro
Empresario compostelán e coralista desde neno, Pillo tiña esa vontade incansable de sumar a súa voz a calquera proxecto que xuntase xente para cantar. Formou parte da gran masa coral que tece a vida cultural de Compostela e deixou nela unha fonda pegada musical.
A cuncha de bronce que hoxe entregamos aos galardoados do Premio Compostela faina a empresa que el creou.
Amigo adeus
Música e letra de Juan Carlos Cobas Prieto · arranxo de Anne Tooming


